viernes, 19 de junio de 2020

ADEUUUUUUUUUSSS!!


TODO VAI SAÍR BEN - YouTube

EL GRINCH

TODO VA A IR BIEN

VIVA LA VIDA


Ola alumnos e alumnas de 4º de primaria!

 Por fin hoxe 19 de xuño , rematamos o curso, un curso atípico que veu marcado polo Covid-19 que non desaparecerá da nosa memoria de forma doada. Con él descubrimos novas formas de traballar e adaptadas para que todos puidesen seguir as aprendizaxes na casa, segundo as súas circustancias particulares e con elo apareceron outras formas de estar en contacto convosco que por outra parte resultaron moi enriquecedoras e gratificantes.

 Durante estos tres meses e medio de duro confinamento pola pandamia do Covid-19 fixestes un gran esforzo para realizar á distancia todas as tarefas encomendadas. Foi moi difícil e insólita para todos esta situación, que máis dunha vez nos desbordaba, aparecendo o desánimo, cansazo, aburrimento, preocupación e incluso estrés. Pero a día de hoxe quero felicitarvos e agradecervos o traballo e tesón que cada día demostrastes, intentando facelo mellor e superar con creces todos os obstáculos que ían xurdindo polo camiño cada día. Fostes uns auténticos campións! 


 Moitas grazas tamén as vosas familias ( pezas fundamentais xunto co profesorado), por haber estado aí todo este tiempo apoiando, colaborando, participando e facéndome vivir estos últimos meses con ganas de dar o mellor de mín para que esto seguira funcionando de forma totalmente diferente. A combinación de todas estas pezas foi imprescindible e deu como resultado a construcción do gran crebacabezas que é a EDUCACIÓN dos nosos nenos e nenas.


 Sei que botastes en falta moitas cousas como: o cole, os amigos do cole, xogar, saír ao parque, ir de vacacións, ás excursións, aos profes...pero como nunca choveu que non escampara, de toda situación adversa, sempre se sacan cousas positivas e grandes aprendizaxes para a vida. Unha delas ( e creo, a máis importante ) é poder compartir máis tempo coas vosas familias, a axuda que vos deron e cuidaron durante todo este tempo para que todos esteades ben. Sin o seu esforzo e apoio ao profesorado o ensino á distancia sería moi difícil de facer nestos momentos. Porque axudar e apoiar aos vosos fillos é invertir no seu futuro, eso non o dubidedes nunca. Grazas familias!! Seguide así e os vosos fillos e a sociedade volo agradecerán!!! 


 En circunstancias normais, hoxe estaríamos na festa de fin de curso tan divertida que sempre facemos e celebrandoa por todo o alto, primeiro na nosa aula e logo todos xuntos no patio coa festa da escuma, xogos etc que tanto vos gusta. Pero como eso non foi posible, tampouco quería deixar pasar esta data sen dedicarvos unhas palabras, un diploma e uns videos de forma virtual como despedida. 

 Para rematar decirvos que vos botei moito de menos, os vosos chistes, as vosas ocorrencias, curiosidades etc. e desexo que pasedes un bo verán, vivades moitas experiencias, xogade, bailade, cantade, e sobre todo, non esquezades nunca de sorrir. Precisamos os vosos sorrisos para encher o cole de COR  e LEDICIA.    

miércoles, 17 de junio de 2020

DIPLOMA

Canción fin de curso.Parchís

Template by:

Free Blog Templates